O proxecto que estamos a leva a cabo na aula, versa sobre as prantas. Aproveitando a primavera , plantamos na aula unhas fabas para que os nenos vexan todo o proceso. Todos os días lles botamos un vistazo para ver como van avanzando e a verdade é que a cousa pinta moi ben.
sábado, 17 de mayo de 2025
DÍA DA FAMILIA
Para o día da familia, aproveitando que temos unha cortadora láser no centro, fixemos unha actividade en tódalas aulas do noso cole. En infantil, cada neno debuxou a súa familia e escribiron "DIA DA FAMILIA". Escollín debuxos dos propios nenos para gravar un marcapáxinas que levaron como agasallo para toda a familia. Agardo que desfrutárades do día.
E ENTÓN, UN XARDÍN
O 12 de maio acudimos ao Auditorio Gustavo Freire para ver a obra teatral de monicreques " E entón, un xardín" que versaba sobre a ocupación humana dos espazos e hábitats animais. Os nenos e nenas prestaron moita atención a toda a actuación na que vimos un mono, flamencos, paxaros...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)