sábado, 21 de diciembre de 2019

CHEGOU O NADAL!

O último día de cole estivo cheo de emocións e festa. A primeira hora da mañá, cando chegamos á clase atopamos os nosos calcetíns colocados por riba das mesas e Papá Noel deixounos un agasallo dentro deles! Por si non fora pouco...un elfo avisounos de que podíamos ir a velo en persoa! Subimos moooi despaciño para non asustalo e.. ó chegar...Alí estaba Papá Noel lendo as cartas dos nenos! Entregámoslles as nosas cartas e deunos unha chocolatina a todos!


Tamén lles fixo un agasallo aos nenos que gañaron o concurso de postais do cole. Estes foron os gañadores:

1º posto: Xabi
2º posto: David
3º posto: Izan Novo

Finalmente fixemos unha festa cos nosos compis de Infantil e deboramos pezas de turrón, mazapáns, polvoróns... Tamén cantamos villancicos e xogamos un montón!








FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!

jueves, 19 de diciembre de 2019

CANTARES E COCIÑA

Hoxe os nosos compis de primaria viñeron a facernos unha visita á clase para cantarnos uns villancicos de Nadal. Fixérono realmente ben e gustounos moito!





Despois, por pequenos grupos, cada neno elaborou a súa merenda para a tarde convertíndose así en verdadeiros cociñeiros lucindo o seu gorriño e mandil.






Bo proveito!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

O BELÉN DO COLE

Moitísimas grazas pola vosa grande participación para a elaboración do Belén do C.P.R. Plurilingüe Cervantes! Sodes uns artistas!!!!


martes, 17 de diciembre de 2019

DIRECCIONALIDADE DOS NÚMEROS

Ao traballar na casa cos nenos a grafía de letras e números é moi importante facer fincapé na direccionalidade dos mesmos posto que, se o asimilan dende o momento do comezo en infantil, en primaria para eles será coser e cantar. Comezo pois, deixándovos estas imaxes que vos poden axudar.











martes, 3 de diciembre de 2019

PEQUENOS COCIÑEIROS

Como estamos afondando no reto sobre cociña, hoxe decoramos os nosos gorros e mandís con rotuladores de tela. Puxemoslles o nome e pintamos distintos alimentos...
Mirade que bonitos! 







jueves, 28 de noviembre de 2019

SAFARI ARQUEOLÓXICO

Hoxe visitamos o Museo Provincial de Lugo e realizamos un "Safari Arqueolóxico". Aprendemos moito sobre os arqueólogos e a forma de vivir das persoas na prehistoria. Como actividade, propúxoselles ós nenos que buscasen un obxecto real ao redor de todo o museo partindo dunha imaxe do mesmo. Convertíronse en detectives arqueolóxicos! 






lunes, 25 de noviembre de 2019

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co motivo da celebración do Día Internacional en contra da Violencia de Xénero na aula escoitamos o conto de "Arturo e Clementina" para posteriormente falar sobre el. Finalmente, fixemos a nosa propia tartaruga Clementina primeiro decorándoa con ceras e, despois, coloreando a metade dunha noz con pintura de dedos.
O resultado foi este....






viernes, 22 de noviembre de 2019

NUTRICOLES

O venres pasado visitounos no cole Natalia de Nutricoles que nos contou un conto sobre as cores das froitas e verduras e os beneficios que as mesmas nos aportan. Ademáis, tivemos que adiviñar mediante o sentido do tacto e olfacto a froita ou verdura que escondía dentro dun saquiño...e moitos adiviñárona!
Moitísimas grazas por visitarnos!