martes, 28 de marzo de 2023

DÍA DEL ARBOL

 La entrada en la primavera trae consigo la celebración del Día del Árbol. Dese el centro se organizó una actividad en el huerto del cole, en el cual, cada curso, asistió a plantar un árbol frutal. Gracias a la profe Pili, los niños/as aprendieron los pasos y cuidados que necesitan y...si todo va bien...degustaremos sus frutos con la ilusión de haber participado en su crecimiento.

















jueves, 23 de marzo de 2023

PIRATA MARIGLORI

 A Pirata Mariglori achegouse á nosa aula para contarnos un grande segredo...Foi polo mundo recopilando os seus tesouros e...non sabía se gardalos no mar ou enterralos... Para iso...tivemos que facer unha pequena investigación para saber se os seus tesouros flotan ou se afunden..

Primeiro ensinounos todos os seus tesouros e fixemos as nosas conclusións previas...












Despois de revisar cada tesouro e facer as nosas hipóteses...levamos a cabo o noso experimento e comprobamos se flotaban ou non flotaban os tesouros...





Ao finalizar o experimento, entendemos que as cousas que flotaban eran moi lixeiras  ou tiñan aire no seu interior, xa que cando lle poñíamos auga á lata x anon era quen de flotar.

Ademáis, collemos un cacho de plastilina e fixemos unha boliña que tamén afondou pero....ao darlle forma de barquiña foi quen de flotar.

Ao día seguinte, os peques realizaron o seu propio barquiño de papel de aluminio e para comprobar que  era moi resistente, puxéronlle unha moeda para ver si flotaba, xa que a moeda soa iba directa ao fondo do mar.












jueves, 9 de marzo de 2023

8 DE MARZO- DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos no cole o día da muller. Falamos sobre as diferezas entre homes e mulleres ao longo dos anos e comprobamos que hoxe en día cambiaron moitas cousas pero quedan moitas aínda por mellorar. 

Falamos na aula das mulleres importantes das nosas vidas (saen gañando as mamás, pero tamén houbo espazo para as avoas, as irmás e incluso as mestras💗)

Para rematar pintaron a súa superheroína, recortárona, pegárona nunha cartulina e decoraron finalmente con ceras, rotuladores, pegatinas....






NATURGY

 O mércores 8 de marzo, realizamos un obradoiro a cargo de Naturgy no que, tendo en conta as idades dos peques, se lles explicou o que era a enerxía eólica, solar e unha serie de pautas para ser consecuentes co uso da enerxía e coñecer alternativas non contaminantes para os desprazamentos do día a día.






lunes, 6 de marzo de 2023

VISITA AO PLANETARIO E ACUARIO

IMOS DE EXCURSIÓN!














PRIMEIRA PARADA....PLANETARIO!







PICAMOS UN POUQUIÑO A MEDIA MAÑÁ....






E... IMOS PARA O ACUARIO!


CHEGAMOS! UN POUQUIÑO DE CHARLA E....


....IMOS CORRENDO A VER AS FOCAS!!




DESPOIS CHEGAMOS AO NAUTILUS ONDE COÑECEMOS AO TIBURÓN GASTÓN E AOS SEUS AMIGOS...








PERCORREMOS O ACUARIO E VIMOS POLBOS, OURIZOS DE MAR, MEDUSAS...










E PUIDEMOS TOCAR UNHA ESTRELA DE MAR!








PASÁMOLO MOI BEN! SÓ NOS QUEDA COMER E...PARA CASA!