jueves, 27 de junio de 2019

ÚLTIMO DÍA DE COLE!!!!

O último día de cole estivo cheo de emocións e despedidas. Ó principio da mañá os nenos tornáronse en pequenos artistas e fixeron un mural moi grande que a profe tivo que recortar para poder pegalo na aula.





Tamén merendamos lambetadas cos nosos compis de infantil e xogamos un montón no patio posto que fixo un día estupendo!


Ademais....os nenos e os seus pais fixeron que pasase un momento moi emotivo. Non é preciso recibir regaliños, pero os sentimentos e cariño que ese día sentin non os vou a olvidar nunca... NON CAMBIEDES!




















MIL GRACIAS POR ESTE CURSO TAN XENIAL!!!

FESTA ORGANIZADA POLA ANPA DO COLE

O xoves todo o cole o pasou xenial grazas á festa que foi organizada pola ANPA do centro. Unha empresa especializada amenizou a xornada con xogos populares, carreiras de sacos, pintacaras, globoflexia, karaoke...
Foi un pouco difícil inmortalizar a todos os nenos de tres anos posto que asistiu todo o cole e os peques preferían xogar que deixarse fotografiar! Aquí vos deixo algunhas imaxes que non saíron borrosas!













OBRA TEATRAL DOS ALUMNOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O mércores os nosos compañeiros de educación primaria mostráronnos a obra teatral que eles mesmos escribiron e planificaron. Fixérono realmente ben e conseguiron un decorado e unha vestimenta moi chulos.
NORABOA COMPIS!



MARCELLE

A última semana de cole estivo chea de actividades super divertidas. O luns visitamos Marcelle onde aprendemos unha morea de cousas sobre os animais, puidemos disfrutar dunha obra de teatro con marionetas e incluso xogamos cos nosos compis do cole nos parques infantís que alí hay. Os nenos de tres anos visitaron o parque xunto con dúas monitoras que fixeron que a súa estancia fose inmellorable.







domingo, 16 de junio de 2019

ARDE LUCUS

Hoxe foi o desfile dos coles do Arde Lucus e dende o centro agradecemos moito a vosa participación no acto. ¡¡¡ Éramos un montón!!! Os peques desfilaron xenial aínda que remataron moi cansadiños.
Contamos con vos o ano que ven! Moitísimas grazas de novo!






TERCEIRA CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS

O venres celebramos os cumples de Izan Novo, Darío, Adrián Martínez, Valeria, Hugo, Martín García, Yariel e Noa.
Coma sempre comemos moitas chuches....



Cantamos a canción dos cumples para que os peques sopraran as velas do rico biscoito...

E finalmente entregámoslles ós nenos o regaliño: o libro de Rita cos debuxos dos seus compañeiros








Pasámolo xenial. Moitísimas grazas!


SESIÓN DE CINE E CONTACONTOS

Durante este trimestre, entre outras moitas cousas e retos propios do material, puidemos "simular" unha pequena sesión de cine na aula de 3 anos xunto cos nenos de 4 anos. Antes de nada conversamos sobre qué era o cine, o que se facía, o xeito de comportarse nel para non molestar a ninguén... axudounos moito a comprendelo o feito de que algún neno da aula xa fose previamente para que nos contara a súa experiencia. Finalmente chegou a hora de comprobalo e vivilo asi que aquí vos deixo algunha imaxe!



Sen dúbida foi unha experiencia moi chula que nos gustou moito a todos.
Esa semana tamén recibimos na aula, xunto co resto dos compañeiros de infantil a visita dun contacontos que nos amenizou o día...


Unha aperta!