viernes, 29 de diciembre de 2023

LETRA "M"

   Na aula estivemos traballando a letra "M" . Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "M" FACENDO CLICK AQUÍ

NADAL, POSTAIS E PAPÁ NOEL

 Como non podía ser de outra forma....¡PAPÁ NOEL PASOU POLO COLE!

Despois de estar un ratiño na clase, viñeron a avisarnos de que na biblioteca do cole había algo que igual queriamos ver....sen dudalo un momento...deixamos todo o que estabamos a facer e...despaciño...chamamos á porta..

¡Abriunos un ELFO! Si él andaba por alí...só podía significar que Papá Noel andaba cerca....

Pouco a pouco, con grande emoción...entramos e... ¡ALI ESTABA! Cargadiño de regalos para nós...porque nos portamos super ben este ano.

Esas caras de emoción...era imposible non plasmalas nunhas fotografías...







Ademáis...un dos ELFOS encargouse de decirnos cáles eran as 3 postais gañadoras do concurso... Creo que este ano lles foi moi complicado, porque as nosas postais eran todas xeniales...


E as postais gañadoras foron as feitas por....

ROSE


SARA


VEGA


Noraboa peques!

Ao chegar a clase de novo..antes de ir ao patio...tivemos que abrir os regalos...VAIA EMOCIÓN!








Como era o último día de clase antes das vacacións do nadal, sabíamos que, despois do recreo...tiña que haber comilona...

Entre todos levamos turróns, galletas, mazapán, panettone...

Moito zampamos...e... que rico estaba!

Gracias a todos por participar.










MOITAS GRAZAS A ANPA DO COLE POR CREAR ESAS CARAS DE ILUSIÓN NOS NENOS/AS UN ANO MÁIS.

BO NADAL!





miércoles, 20 de diciembre de 2023

CELEBRACIÓN TRIMESTRAL DE CUMPLES

O martes celebramos os cumples de: Noa P., Noa F., Abrare, Daniela, Rodrigo, Stella Carla e Emily.











 ¡Comemos moitas cousas moi ricas! De feito...poucos peques quixeron probar o biscoito...¡E iso que estaba boísimo! Aproveitamos o Nadal para comer cunhas panxoliñas soando de fondo.













E antes de irnos...cantámoslles o cumpreanos feliz....E...¡ regaláronnos unhas chuches moi ricas para desfrutar na casa!


SAÍDA AFUNDACIÓN

 O venres pasado fixemos a nosa primeira saída trimestral a AFUNDACIÓN.

A saída comezou comentando as normas que temos que seguir cando visitamos unha exposición e sen darnos conta foi tornando nun enigma que pouco a pouco tivemos que resolver.

Mostráronnos un caderno moi antigo.... o caderno de ISAAC DIAZ PARDO. 

Nel aparecían poemas...pero...¡Alguén roubou as ilustraciósn do libro! Asi que tivemos un grande traballo...Esoitar os poemas con atención...e buscar pola exposición aquel cadro do que falaba...¡VAIA AVENTURA!










Aproveitando as cores do cadro, observamos as tres cores primarias e as cores que resultan de mezclalas entre sí...


Despois leváronnos a un taller no que, en equipo construímos un robot....










E...finalmente disparamos con pistolas de pintura cara uns robots ventiladores para esparcir a pintura...



¡A verdade é que o pasamos xenial!