domingo, 3 de marzo de 2024

A LETRA "L"

    Na aula estivemos traballando a letra "L" . Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "L" FACENDO CLICK AQUÍ 

VISITA GADIS

 O xoves, 29 de febreiro fixemos unha visita ao Gadis na que recordamos aspectos que traballamos xa o ano pasado pero que tíñamos un pouco olvidados. Non debemos esquecer a importancia de seguir unha dieta variada, na que tódolos grupos de alimentos saudables teñan presenza no día a día e na que os alimentos procesados, con azúcares engadidos, con excesiva cantidade de sal ou fariñas "blancas" se vexan reducidos ao mínimo. Tamén debemos beber moita auga tódolos días e optar sempre por pan e pasta integral sen azúcares engadidos, na que a fibra nos axuda a autorregular e dixerir mellor as comidas.

Alimentarse ben é traballo de tod@s e é moi importante que os máis pequenos adquiran eses bos hábitos canto antes para levalos a cabo no seu futuro.











DÍA DE ROSALÍA

 O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía. Para iso falamos un pouquiño da súa vida e obra e aprendemos unha cantiga/poema que se chama "O Moucho" e que podedes ler no seu libro "Cantares Galegos"




Despois, cada neno fixo o seu propio moucho con rotuladores de cores e rematou de decoralo en acuarela.

















"SUPERAVOA"

 O xoves, 15 de febreiro, veu a visitarnos ao cole David Rodríguez para contarnos o seu conto: "Superavoa". Realmente as avoas teñen superpoderes e neste conto faise alusión a unha morea de habilidades que posúen e que moitas veces non nos paramos a pensar. Para rematar cantamos unha canción acompañados da súa guitarra e disfrutámolo mogollón.