martes, 21 de diciembre de 2021

CELEBRAMOS LOS CUMPLES

 Ayer celebramos los cumples de este primer trimestre. Cada niño decoró su corona de cumple con pegatinas. Les cantamos el cumpleaños feliz  (les dió un poco de vergüenza a los cumpleañeros). 

¡¡MUCHAS FELICIDADES A NOA F. , NOA P, RODRIGO, DANIELA Y STELLA!! Y gracias por las chuches que habéis repartido a vuestros compis.. ¡¡seguro que están super ricas!!














jueves, 16 de diciembre de 2021

OS PEQUES NO BELÉN DO COLE

 


POSTAIS DE NADAL

 Esta semana realizamos as postais de Nadal. Realizámolas coa profe en pequenos grupos e traballamos as cores e os tamaños. Para facer a árbore, os cachiños máis grandes había que colocalos na parte inferior e enriba deles só podía haber anaquiños de cartulinas máis pequenos. Quedaron unhas postais super chulas e agora só nos queda esperar para saber cáles son as gañadoras do concurso da ANPA.






miércoles, 15 de diciembre de 2021

A PRIMEIRA SAÍDA DO COLE: VISITAMOS O BELÉN DE BEGONTE

 Hoxe fixemos a primeira excursión. Foi moi emocionante porque moitos nenos nunca foran en autobús e viaxar con todos os nenos é suuuper divertido. Comparto con vós algunhas das imaxes de este día tan movidiño, dándovos a noraboa porque os peques se portaron xenial.

Primeiro...SUBIMOS AO AUTOBÚS! Era moi grande! Estas imaxes son da ida, Á volta cambiamos de compis de viaxe 😁












Cando chegamos, baixamos do bus e entramos nun pequeno museo que teñen onde vimos algunhas figuras que se retiraron do Belén xa que, ao longo dos anos, foi variando a súa composición.







Despois entramos ao propio Belén. A función foi moi chula, xa que as figuriñas se movían e o tempo atmosférico variaba. Puidemos vela dende as gradas e tamén desde a parte de abaixo.








martes, 14 de diciembre de 2021

ÁRBORE NOVA NA AULA

Hoxe decoramos a árbore de Nadal que apareceu na nosa aula. Cada peque escolleu unha figura e colocouna con moito coidado. A verdade é que quedou super chula! Tamén fixemos unha postal de Nadal estes días pero...é un segredo e teredes que esperar para velas!!








viernes, 10 de diciembre de 2021

BOLIÑAS DE NADAL

 Pouco a pouco achegámonos ao Nadal, que xa pinta de cores o noso cole. Os nenos/as de infantil realizaron a súa boliña de nadal. Primeiro pintárona con pincel e despois decorárona con brillantiños. Esas boliñas serviron para decorar a nosa árbore de nadal. Comparto con vos algunha das imaxes.Agardo que vos guste.

A PORTA DA NOSA AULA




MESA AMARELA






MESA ROSA






MESA AZUL






MESA VERMELLA





MESA LARANXA







E ASÍ DE CHULAS NOS QUEDARON!