lunes, 18 de septiembre de 2023

DIRECCIONALIDADE DOS NÚMEROS

Os peques xa teñen casi dominada a escritura dos números. Comparto con vós a direccionalidade axeitada á hora de trazalos. Non vos preocupedes se, á hora de facelo, os realizan ao revés. É algo normal. Vós correxídeos e... ¡listo!




 

XOGAMOS AO FÚTBOL

O xoves pasado viñeron dous rapaces moi simpáticos da Asociación Cultural Deportiva Piringalla para que os peques probasen a xogar ao fútbol. Fixeron moitos xogos de control de balón e chute e a verdade é que os peques se divertiron moito e quedaron con ganas de máis.

Comparto con vós algunhas imaxes e vídeos. Agardo que vos gusten.




CALENDARIO ESCOLAR