jueves, 28 de febrero de 2019

A MOVER O CU!!!

DIA 4: ABELLAS E FESTA DE ENTROIDO
Hoxe os nenos voltaron para a casa transformados en pequenas abelliñas. Eles encargáronse de pintar as súas máscaras e picar os ocos para os ollos. Fixérono xenial!






Pola tarde, ás 16:30, lucimos as nosas mellores galas na festa de entroido na que a ANPA do cole nos invitou a chocolate e unhas ricas magdalenas! Moitas grazas!!


Mirade que guapos!!! Bailamos moitísimo e pasámolo xenial! Grazas a todos por vir!

miércoles, 27 de febrero de 2019

QUE SONIÑO TEMOS!!

DÍA 3: PIXAMAS
Hoxe fíxosenos tarde e non puidemos mudarnos pola mañá asi que nos presentamos todos en pixama no cole!! Mirade que guapiños!





martes, 26 de febrero de 2019

lunes, 25 de febrero de 2019

CHEGOU O CARNAVAL Ó CERVANTES!!

DIA 1: ALGO NA CABEZA

Hoxe tiñamos que traer algo na cabeza. Os nenos viñeron super guapos!! Algún coido que non quixo poñer nada na casa, pero ó ver que todos estábamos moi guapos, collemos algunhas cousiñas que tiña a profe na clase!!! Recordarvos que non é obrigatorio, que a algúns nenos lles gusta facelo pero outros igual non queren e...Non pasa nada! Se cambian de opinión na clase...a profe encárgase de que todos sen distinción o desfruten. Un saúdo e...mañá vémonos coa cara pintada!






jueves, 14 de febrero de 2019

VISITA A SAN PAIO DE NARLA

Hoxe saímos da aula cos nosos compis de infantil e visitamos o museo de San Paio de Narla. Subimos moi contentos no autobús e viaxamos observando a paisaxe (as vacas, os tractores, o monte...) 


Cando entramos dentro do castelo contáronnos un conto e ó longo do percorrido vimos unha fada, unha bruxa, ó rei e á raíña que vivían alí.




Cantamos a canción da Galiña Turuleca e buscamos os ovos que escondeu para poder facer as nosas roscas...Antes de voltar ao cole comémolas e estaban riquísimas!!




Finalmente subimos por unha morea de escaleiras para chegar ao alto do castelo onde fixemos un corro e observamos a paisaxe.


Algunhos voltamos dormidiños e chegamos un pouquiño máis tarde do esperado pero...mereceu a pena!!

domingo, 3 de febrero de 2019

DIVERTÍMONOS XOGANDO AO BALONCESTO!!!!

O venres 1 de febreiro visitáronnos ao cole algunha das integrantes do clube Deportivo Ensino de Lugo e animaron aos nenos e nenas a xogar ao baloncesto. Pasárono xenial!!









PRIMEIRA CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS

O martes 29 de xaneiro celebramos na aula os aniversarios de: Daniela, María, Mateo, David, Mariña, Adrián F., Paula, Martín C. e Alma. Comemos moitas chuches moi ricas e un biscoito de chocolate... 



















Pero iso non foi todo... Cada neno que estivo de cumple recibiu un regaliño dos seus compañeiros...un libro de debuxos!!! 










PARABÉNS A TODOS E TODAS!!