miércoles, 28 de junio de 2023

FIN DE CURSO

Ola familias!

Xa podemos dar o curso por rematado! 

Xa sabedes que o verán logo pasa e estaremos de volta ao cole moi prontiño!!

Quería darvos as grazas polos detallazos de fin de curso... ENCANTÁRONME!

Non sei quen vos chivou o meu gusto polas prantas...pero foi un regalo moi atinado!! 


Coa prantas viña unha notiña...algo máis agardaba... e..... vaia sorpresa cando hoxe timbran no cole e vexo a moitos dos peques ali diante... Encantoume a visita e botei en falta a moitos outros que sei que si puideran estarían ali 😄

E con isto apareceron...







Miles de grazas aos peques e familias, polas vosas palabras, xestos  e regalos tan bonitos.
VÉMONOS MOI PRONTIÑO E DESFRUTADE DAS VACACIÓNS



viernes, 23 de junio de 2023

CELEBRACIÓN DE CUMPLES DO TERCEIRO TRIMESTRE

 Estes últimos días celebramos os cumples dos nenos do terceiro trimestre e do verán.

A verdade e que comemos un montón de chuches pero pasámolo xenial.












Cantámoslles o Cumpreanos feliz e degustamos un biscoito delicioso ...












E...por se fora pouco....¡FIXÉRONNOS UN ÚLTIMO REGALIÑO A TODOS! 

MIL GRAZAS POR TODO










E AQUI TEDES AOS PROTAGONISTAS...














lunes, 19 de junio de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO ORGANIZADA POLA ANPA

  A semana pasada a ANPA organizou unha festa de fin de curso onde non faltou a diversión grazas ás sesións de xogo que nos propuxeron os monitores do evento e os hinchables.

Tamén completaron a festa cunha merendola super rica. Mil grazas por todo o que facedes, que implica un grande esforzo para vós. Os peques e profes agradecémolo de corazón.

Comparto algunhas fotografías...

HINCHABLES




















¡¡XOGAMOS Á BOMBA!!



E.... ¡¡A COMILONA!!