lunes, 8 de abril de 2024

SOMOS ACTORES E ACTRICES!!!!

 O trimestre pasado estivemos traballando sobre a Idade Media e os contos...foi un trimestre moi curtiño pero non queríamos deixar escapar a oportunidade de facer unha obra de teatro sobre a Idade Media.

Agora temos con nós na aula á profe María, que nos fixo un guión super chulo. Coas nosas vestimentas grabamos a obra como verdadeiros actores e actrices de Hollywood.

Tivemos que aprender o guión e practicámolo cos nosos compañeiros/as. Como a obra se facía por duplicado e tiñamos dous actores/actrices para o mesmo papel, aproveitamos para que por parellas o puidesen practicar.

E aquí temos o resultado final...a verdade e que son unhos grandes artistas...

Non quero deixar de agradecervos a vosa axuda coa vestimenta. ¡¡¡¡Entre todos tivemos unhos disfraces moi ben apañados!!!

LUCES....CÁMARA..¡¡¡.ACCIÓN!!


domingo, 7 de abril de 2024

A LETRA "D"

     Na aula estivemos traballando a letra "D" . Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "D" FACENDO CLICK AQUÍ 

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE

O xoves 21 de abril celebramos na aula os cumpleanos de Sara, Mía, Diego, Victoria, Aroa, Ilías e Einar. Os peques comeron moitas lambonadiñas...moi moi ricas...








Cantámoslles o cumpreanos feliz xunto e sopraron a vela dun biscoito moi rico tamén...



Xa cumpriron 6 aniños...Qué ràpido medran!








E moitas grazas por acordarvos das profes tamén... os bombonciños estaban de rechupete!!!