lunes, 8 de abril de 2024

SOMOS ACTORES E ACTRICES!!!!

 O trimestre pasado estivemos traballando sobre a Idade Media e os contos...foi un trimestre moi curtiño pero non queríamos deixar escapar a oportunidade de facer unha obra de teatro sobre a Idade Media.

Agora temos con nós na aula á profe María, que nos fixo un guión super chulo. Coas nosas vestimentas grabamos a obra como verdadeiros actores e actrices de Hollywood.

Tivemos que aprender o guión e practicámolo cos nosos compañeiros/as. Como a obra se facía por duplicado e tiñamos dous actores/actrices para o mesmo papel, aproveitamos para que por parellas o puidesen practicar.

E aquí temos o resultado final...a verdade e que son unhos grandes artistas...

Non quero deixar de agradecervos a vosa axuda coa vestimenta. ¡¡¡¡Entre todos tivemos unhos disfraces moi ben apañados!!!

LUCES....CÁMARA..¡¡¡.ACCIÓN!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.