jueves, 27 de febrero de 2020

VISITA AO ACUARIO NA CORUÑA

Hoxe visitamos o acuario na coruña onde puidemos ver moitísimos animais marinos. Comezamos o día collendo o autobús e con moita emoción e nervios. Realmente pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.

Comezamos observando unha imaxe de un mono ao que as persoas "humanizaron" poñéndolle roupa, sombreiro, e pintándolle a cara. Reflexionamos un pouco sobre iso e chegamos á conclusión de que non é unha actitude moi adecuada... Seguimos a visita contemplando cabaliños de mar, pulpos, eirizos, focas, un tiburón... Tamén atopamos a Nemo e a Dory! e algúns nenos colleron nas súas mans unha estrela de mar! Foi moi emocionante. Aquí vos deixo algunhas fotografías.









Á volta xa estábamos mooooi cansadiños e algúns botamos unha pequena soneca...














ENTROIDO

Celebramos o entroido no cole e comezamos cunha degustación de chocolate e churros a cargo da ANPA do cole. Despois saímos ao exterior onde continuou a festa! Como podedes ver, todos os peques estaban moi guapos! Moitísimas grazas á ANPA pola organización de este evento. Pasámolo xenial!



Ademáis, realizamos no cole un desfile de entroido no que nos tranformamos en medusas con tentáculos de cores! Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración e espero que vos gustara o desfile no que tanta ilusión puxeron todos os membros da comunidade educativa.








martes, 4 de febrero de 2020

DIRECCIONALIDADE DAS VOGAIS EN MINÚSCULA

Sei que moitos de vós traballades  cos nenos na casa sobre o que vemos na aula. Ao longo deste curso afondaremos na escritura das vogais en minúscula. É moi importante traballar con eles a direccionalidade das mesmas e por iso vos deixo estas imaxes que, de seguro, vos axudarán.






Un saúdo!!!

1ª CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS 2019/2020

Celebramos na aula os aniversarios de: Paula, Alma, Adrián F., Mateo e Martín C, Daniela, Mariña, María e David. Enchémonos a comer lambonadas e galletas...QUE RICO ESTABA TODO!!!







Despois cantámoslles a canción de felicitación e os peques sopraron as velas...o mellor veu despois...xa que nos enchemos a comer o biscoito de chocolate!!


Finalmente démoslles os regaliños aos nenos. Esperamos que vos gustara!










MOITOS PARABÉNS PEQUES!!!

ENSINO

Algunhas xogadoras do Ensino viñeron a facernos unha visita ao cole. Contáronnos cousas sobre elas e despois animáronnos a facer tiros á canasta. Aquí tedes algunhas fotos!!!









Moitas grazas por vir!!