Hoxe visitamos o acuario na coruña onde puidemos ver moitísimos animais marinos. Comezamos o día collendo o autobús e con moita emoción e nervios. Realmente pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.
Comezamos observando unha imaxe de un mono ao que as persoas "humanizaron" poñéndolle roupa, sombreiro, e pintándolle a cara. Reflexionamos un pouco sobre iso e chegamos á conclusión de que non é unha actitude moi adecuada... Seguimos a visita contemplando cabaliños de mar, pulpos, eirizos, focas, un tiburón... Tamén atopamos a Nemo e a Dory! e algúns nenos colleron nas súas mans unha estrela de mar! Foi moi emocionante. Aquí vos deixo algunhas fotografías.
Á volta xa estábamos mooooi cansadiños e algúns botamos unha pequena soneca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.