viernes, 13 de mayo de 2022

DIA DA FAMILIA

 Celebramos o día da familia falando na aula sobre os distintos tipos de familia. Non todos temos unha familia igual, pero si que todos temos unha familia especial, única e chea de amor.

Cada neno/a debuxou a súa familia con moita paciencia e poñendo moito coidado nos detalles. Fixeron un gran traballo. E, como guinda, convertíronse en flores que medran e se poñen máis coloridas cada día gracias ao apoio incondicional que teñen pola vosa parte.

FELIZ DÍA DA FAMILIA








DESPEDIDA DA PROFE MIRELLA

 Esta semana, os profes remataron a súa estadía de prácticas e tivemos que despedirnos deles, sempre tendo e conta e esperando que non sexa un adeus, senón un "ata pronto". Convertiranse en uns grandes mestres e mestras, pois así o demostraron ao longo destes meses. Como despedida, quixemos facerlle un detalliño para a profe Mirella, que agardamos que lle gustase moito. Cada peque debuxouse con ela e formamos un libriño que lle entregamos ese último día con ilusión.







A profe Mirella non nos deixou sen regaliño...

Unha foto que teremos na nosa aula e que nos recordará todos os bos momentos que pasamos xuntos...






GRAZAS POLO TEU CARIÑO, ILUSIÓN E BO FACER. BOTAREMOSTE MOITO DE MENOS



miércoles, 4 de mayo de 2022

BENXAMÍN, UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

Grazas á editorial Anaya, onte visitounos ao cole Benxamín, un contacontos moi especial que fai que o conto se transforme en vivencial incuíndo aos propios nenos/as como protagonistas e ilustrando os contos cunha facilidade que nos deixou pasmados. Aos nenos/as gustoulles moito e pasámolo xenial.

Moitas grazas pola visita, agardamos volver a verte pronto.








 

EXPERIMENTAMOS COA COR LARANXA

Realizamos unha actividade na que a cor Laranxa foi a protagonista. empregamos ceras, rotuladores, témperas e pintura de dedos. Agardo que vos guste.







 

O MERCADO

 A profe Ángeles de 1º EP xunto coa mestra de prácticas, Andrea, fixeron este mercado tan chulo para que os peques de 1º realizasaen operacións matemáticas dunha forma vivencial nas que empregaron tamén a calculadora iniciándose así no seu uso. Foi unha actividade moi bonita que aproveitamos os peques de infantil. Comparto con vos algunhas das imaxes...












XOGO CLASIFICACIÓN

¡ Bos días familias! Comparto con vos unhas imaxes nas que podedes ver cómo xogamos a clasificar por mesas e asociar  número - cantidade co 1, 2 e 3.

Agardo que vos gusten