lunes, 13 de mayo de 2024

LETRA J

       Na aula estivemos traballando a letra "J". Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "J" FACENDO CLICK AQUÍ 

jueves, 2 de mayo de 2024

CANVIVINDO

 O pasado venres 26 de abril fixéronnos unha visita ao cole dende a Asociación de Cans de Salvamento co fin de ensinarnos consellos e normas básicas para o benestar e educación das nosas mascotas..




Unha das normas que debemos ter moi clara é a de non deixar as deposicións dos cans na rúas, e para iso ensináronlles aos peques a recollelo con bolsas de tal xeito que non se mancharan no proceso. Algún xa sabía perfectamente como facelo!


Finalmente xuntáronnos a todo o cole e fixeron unha demostración de cómo traballan os cans en zonas de derrumbes para atopar a xente entre os escombros. ^Para iso o centro solicitou unhos contenedores de basura. En algún dos contenedores metemos algúns nenos e os cans tiveron que buscar e avisar (ladrando) cando olisquearan o seu rastro.

Foi toda unha experiencia e acertaron en todo momento!


Podedes ver algunha imaxe máis e algín vídeo na páxina web ou o facebook do colexio.


PINGÜIN

 O pasado martes 23 de abril acudimos ao auditorio Gustavo Freire a ver a obra de títeres "Pingüin" que trata os conflictos famliares que poden xurdir coa chegada dun novo membro da familia e remata facendolles entender aos nenos que ter un irmán non supón que recibamos menos atencións e agarimos, senón que gañamos un novo amigo/a para toda a vida.








Non temos fotografías da actuación propiamente dita porque nos pediron que apagásemos os dispositivos móviles.

Os peques e profes pasámolo xenial.

LETRA "R"

      Na aula estivemos traballando a letra "R" . Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "R" FACENDO CLICK AQUÍ