jueves, 2 de mayo de 2024

CANVIVINDO

 O pasado venres 26 de abril fixéronnos unha visita ao cole dende a Asociación de Cans de Salvamento co fin de ensinarnos consellos e normas básicas para o benestar e educación das nosas mascotas..




Unha das normas que debemos ter moi clara é a de non deixar as deposicións dos cans na rúas, e para iso ensináronlles aos peques a recollelo con bolsas de tal xeito que non se mancharan no proceso. Algún xa sabía perfectamente como facelo!


Finalmente xuntáronnos a todo o cole e fixeron unha demostración de cómo traballan os cans en zonas de derrumbes para atopar a xente entre os escombros. ^Para iso o centro solicitou unhos contenedores de basura. En algún dos contenedores metemos algúns nenos e os cans tiveron que buscar e avisar (ladrando) cando olisquearan o seu rastro.

Foi toda unha experiencia e acertaron en todo momento!


Podedes ver algunha imaxe máis e algín vídeo na páxina web ou o facebook do colexio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.