sábado, 24 de abril de 2021

VIDEO RESUMO DO PROXECTO DE MOZAMBIQUE

 Comparto con vos un vídeo no que se contemplan todas as actividades que se levaron a cabo sobre este proxecto no noso cole. Agardo que vos guste!



viernes, 23 de abril de 2021

MOZAMBIQUE E A BELEZA DA SÚA CULTURA

 Esta semana adentrámonos na cultura de Mozambique realizando un proxecto que vai máis aló da nosa aula. Enmarcado dentro do nome "Fitas do Vento", colaboramos con centros situados na zona de Coruña para dar visibilidade á cultura deste país e axudar, na medida do posible, a mellorar a situación educativa das escolinhas mozambiqueñas. O CPR Plurilingüe Cervantes quixo ser parte deste grande proxecto, e a continuación compartirei convosco todo o que fixemos na aula de 6º de educación Infantil.

Comezamos falando sobre algúns datos interesantes...e divertímonos moito observando un mapamundi e buscando a Mozambique..Levounos un cachiño...e permitiunos coñecer a situación de outros países e darnos conta de que Lugo é un anaquiño moi diminuto comparado co resto do mundo...


Continuamos investigando e debatindo sobre a mellor forma de chegar alí...mellor facer a maioría da viaxe en avión pero algún neno prefería ir navegando en barco...no que si estabamos de acordo era en que viaxar alí nos iba a levar mooooitas horas.
Tamén investigamos sobre o idioma no que falaban, o portugués, que é moi parecido ao galego e bubscamos a bandeira de Mozambique para comparala coa galega, española e incluso a da Unión Europea. Cada neno/a realizou a bandeira de Mozambique sen axuda con un modelo proxectado..¡vaia artistas!













Tamén falamos sobre as CAPULANAS que son as coloridas telas que empregan para distintas utilidades: vestirse, tapar a cabeza, portar bebés... e a actividade proposta foi elaborar por mesas a nosa propia e colorida capulana empregando tela branca e rotuladores de tela... Comparto o proceso por mesas, xa que finalmente elaboramos 5 preciosas capulanas.

CAPULANA 1: Alma, Adrián Martínez, Yariel, David e Daniela.







CAPULANA 2:Sabela, Valeria, Paula e Izan Novo.






CAPULANA 3: Ismael, Adrián Fernández, Mariña e Saif.









CAPULANA 4: Roque, Hugo, Noa, Izan Díaz e Darío.








CAPULANA 5: Martín, María, Xabi e Mauro.







E como resultado final, temos os nosos cadros feitos coas nosas telas de capulana. Agardo que vos gusten!




E por último...un rinconciño do cole adicado a Mozambique no que podedes ver algunha das actividades realizadas por outros cursos que quedaron moi chulas!






miércoles, 21 de abril de 2021

CONOCEMOS LA LETRA B

 Empezamos con unos vídeos...para el trazo de la minúscula fijaros en el primer vídeo solo.




Y en HACIENDO CLICK AQUÍ  os dejo el archivo pdf para descargar. También comparto como siempre las imágenes para descarga de forma individual.


Recordad que comparto siempre también cartillas adicionales de lectura. Es importante que dediquéis en casa todos los días algo de tiempo a la lectura. Id afianzando desde el principio para ir continuando añadiendo cada vez más consonantes.