jueves, 28 de noviembre de 2019

SAFARI ARQUEOLÓXICO

Hoxe visitamos o Museo Provincial de Lugo e realizamos un "Safari Arqueolóxico". Aprendemos moito sobre os arqueólogos e a forma de vivir das persoas na prehistoria. Como actividade, propúxoselles ós nenos que buscasen un obxecto real ao redor de todo o museo partindo dunha imaxe do mesmo. Convertíronse en detectives arqueolóxicos! 






lunes, 25 de noviembre de 2019

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co motivo da celebración do Día Internacional en contra da Violencia de Xénero na aula escoitamos o conto de "Arturo e Clementina" para posteriormente falar sobre el. Finalmente, fixemos a nosa propia tartaruga Clementina primeiro decorándoa con ceras e, despois, coloreando a metade dunha noz con pintura de dedos.
O resultado foi este....






viernes, 22 de noviembre de 2019

NUTRICOLES

O venres pasado visitounos no cole Natalia de Nutricoles que nos contou un conto sobre as cores das froitas e verduras e os beneficios que as mesmas nos aportan. Ademáis, tivemos que adiviñar mediante o sentido do tacto e olfacto a froita ou verdura que escondía dentro dun saquiño...e moitos adiviñárona!
Moitísimas grazas por visitarnos!



lunes, 11 de noviembre de 2019

VISITA DO SERVIZO SANITARIO AO CENTRO

O venres pasado visitaronnos no cole dous membros do servizo sanitario e os peques puideron charlar con eles e tamén desfrutar do interior da ambulancia, tanto da súa parte frontal acendendo as luces e a sirena como os compoñentes da parte posterior da mesma.

Aos nenos encantoulles e dende aquí doulles as grazas pola súa visita e por tratar tan ben aos peques. Foi un día xenial!!!!













BENVIDOS AO CURSO 2019/2020

COMPARTO CONVOSCO O CALENDARIO ESCOLAR DO NOVO CURSO ESCOLAR

Como sabedes este ano non desfrutamos do festivo local en San Froilan posto que coincidiu na fin de semana asi que a este calendario hai que engadir os dias non lectivos que lle corresponden ao centro escolar e que se levarán a cabo o 20 de marzo de 2020 e o 30 de abril de 2020.