lunes, 21 de marzo de 2022

DÍA DA ÁRBORE

 Hoxe celebramos no cole o día da árbore e, para iso, levamos a cabo un acto moi especial no parque da Milagrosa. Primeiro, ao chegar, buscamos a nosa árbore (a profe xa nos falara dela na clase e xa víramos a súa foto...) e ¡investigando chegamos ao seu carón!


Xa que queremos coidala moito..cuns guantes, recollemos todo o lixo que a nosa árbore tiña preto dela...












Cando xa estaba todo limpiño, buscamos aos nosos compis do cole. Casi non os coñecemos porque con esto do COVID non os vemos nadiña, asi que foi moi emocionante estar todo o cole xunto de novo..

A alcaldesa, Lara Méndez, quixo compartir este día con nós, e escoitou o poema que, con tanto cariño, leeron os nenos maiores do cole.









Finalmente, volvemos a onde estaba a e agardamos ata que puidemos ver como a profe Pili colocaba o cartel co código QR que lle indicará a todo aquel que o desexe, como se chama a árbore e algunhas cousiñas de interese.






¡Pasámolo xenial!




PEQUERRECHAS

¡ Hola familias! 

Dende o cole, participamos no xogo das pequerrechas elaborando cada neno/a o seu propio deseño. Aos que non coñecedes esta iniciativa, déixovos información FACENDO CLICK AQUÍ.

Comparto con vós as pequerrechas de tódolos nenos/as entre as cales escollemos unha gañadora que agardamos que o equipo das pequerrechas coloque cerca do noso cole. 













E A PEQUERRECHA GAÑADORA FOI....













viernes, 18 de marzo de 2022

DON CÍRCULO

Durante un tempo, contamos cunha super profe nova no cole que nos propuxo unha actividade moi chula para afianzar a forma xeométrica do círculo. Aprendemos a cantiga de "Don Círculo" e, entre todos, pintaron ao protagonista da cantiga.








DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller falando na aula de moitas mulleres e os oficios que exerceron durante a súa vida. Os peques pintaron os debuxos por parellas e posteriormente fixémoslles un oco na aula. ¡Quedaron super chulos!












jueves, 3 de marzo de 2022

A PREHISTORIA

 Este trimestre, o primeiro reto foi sobre a Prehistoria. Aprendemos moitas cousas (os animais que predominaban, cómo vivían, cómo se vestían, o que comían...) Deixovos imaxes de algunhas das actividades que realizamos na aula.

Estampado de mans... (Gracias á profe de prácticas, Mireia, que nos axudou)




Experimentación con pigmentos (canela, café e paprika....)







Poderíades descubrir cal é cal?


1º Paprika / 2º Canela /  3º Café

Con eses pigmentos pintamos os nosos 






E fixemos as nosas propias pinturas rupestres coas que adornamos a aula












Tamén tivemos unha cova na aula, que decoramos cuns peixes saltaríns decorados con tizas de cores e, como no inverno fai  frío, puxémoslle unha fogata detro... Asi Rita non pasará frío!


Ademais..como na prehistoria empregaban cunquiñas e pratos de arxila...experimentamos tentando facer a nosa propia cunca...ainda que a profe tivo que axudarnos un montón.. (era un pouquiño difícil..)












Agardo que vos gustara. Ata a próxima!