miércoles, 2 de marzo de 2022

ENTROIDO

 Este ano damos un pasiño máis achegándonos á normalidade que tanto desexamos realizando unha pequena saída en comparsas dende o cole ata a praza Agro do Rolo. A nivel de centro, decidimos que cada clase escollese unha película para elaborar o atuendo e, como estábamos traballando un reto relacionado coa Prehistoria, a película que escollemos foi "Os Picapedra". Cada neno/a decidiu si prefería ir de Vilma ou de Pedro Picapedra e a profe Pili acompañounos como Dino.

Pasámolo moi ben, e non podo deixar de agradecervos todo o que nos axudástedes cos atuendos (os peiteados, a roupa branca e negra, pelucas...) 

Agardo que vos gusten as imaxes. Tamén poño akgunhas da nosa compi de batallas, Vega, que non puido estar con nós ese día pero non quixo deixar de acompañarnos na distancia.😀

Primeiro...imaxes vestidos de branco e negro...






Esperando o noso turno para saír ao desfile... Algún con toda a emoción botou unha cabezadiña...







Foto grupal no patio do cole..



Vega...compartiremos xuntos máis momentos ao longo do curso 😊




Foto grupal na praza:


¡Ata a próxima!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.