lunes, 21 de marzo de 2022

DÍA DA ÁRBORE

 Hoxe celebramos no cole o día da árbore e, para iso, levamos a cabo un acto moi especial no parque da Milagrosa. Primeiro, ao chegar, buscamos a nosa árbore (a profe xa nos falara dela na clase e xa víramos a súa foto...) e ¡investigando chegamos ao seu carón!


Xa que queremos coidala moito..cuns guantes, recollemos todo o lixo que a nosa árbore tiña preto dela...












Cando xa estaba todo limpiño, buscamos aos nosos compis do cole. Casi non os coñecemos porque con esto do COVID non os vemos nadiña, asi que foi moi emocionante estar todo o cole xunto de novo..

A alcaldesa, Lara Méndez, quixo compartir este día con nós, e escoitou o poema que, con tanto cariño, leeron os nenos maiores do cole.









Finalmente, volvemos a onde estaba a e agardamos ata que puidemos ver como a profe Pili colocaba o cartel co código QR que lle indicará a todo aquel que o desexe, como se chama a árbore e algunhas cousiñas de interese.






¡Pasámolo xenial!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.