jueves, 21 de marzo de 2019

DIA DO PAI

Na clase de tres anos os nenos e nenas fixéronlle un regaliño ó seu pai moi especial. Aquí vos deixo unhas fotos de cando o pintaron con rotuladores. Cada neno e nena escolleu o molde que máis lle gustaba e despois decorárono coas cores que quixeron. Seguro que os papás están moi contentos!




martes, 12 de marzo de 2019

A PREHISTORIA

Durante este reto traballamos sobre a prehistoria realizando múltiples actividades. Aqui vos deixo algunhas imaxes sobre o proceso. Agardo que vos gusten.

PEQUENOS INVESTIGADORES...





REALIZAMOS AS NOSAS PINTURAS RUPESTRES QUE SERVIRON PARA DECORAR A PORTA DA AULA E DARLLE FORMA DE COVA...










ASÍ QUEDOU A NOSA ENTRADA Á AULA....
FIXEMOS A NOSA PROPIA COVA NA CLASE, ENCHÉMOLA DE COLA PARA FORRALA CON PAPEL DE EMBALAR E DECORÁMOLA CON ROTULADORES







NA PREHISTORIA, COMÍAN SÓ AQUELO QUE CAZABAN E PESCABAN XA  QUE NON HABÍA SUPERMERCADOS...ASI QUE DECORAMOS OS NOSOS PEIXES DE CORES CON TIZAS DE CORES MOLLADAS EN AUGA CON AZUCRE...




E COÑECEMOS UN ANIMAL NOVO...O MAMUT!!!





 REALIZAMOS MOITAS MÁIS ACTIVIDADES PERO ESTE É UN PEQUENO RESUMO!
AGARDO QUE VOS GUSTASE!

UN SAÚDO!




lunes, 11 de marzo de 2019

PLANETARIO

O venres 8 de marzo os nenos e nenas de 3 anos visitamos o planetario que se montou no pavillón cuberto do centro e visionamos un vídeo titulado "La niña que sabía caminar al revés"
Este vídeo versa sobre unha nena que era quen de camiñar ao revés e que estaba acostumada a pasear entre as estrelas. Deste xeito, era quen de coñecer os segredos da Lúa, podía escoitar as mareas e tamén falar coas árbores. Este conto invítanos a contemplar o que nos rodea dende un punto de vista diferente e coido que os nenos e nenas o pasaron xenial durante o seu visionado.





viernes, 1 de marzo de 2019

TODO COMEZO TEN A SÚA FIN!!

DIA 5: BARRIO SÉSAMO
Hoxe os nenos de educación infantil convertíronse en distintas personaxes de Barrio Sésamo: Epi, Blas, Elmo, Coco...E celebramos unha gran festa de entroido degustando moitos produtos típicos destas datas.








O equipo de educación infantil quere felicitarvos porque todo estaba moi rico. Grazas pola colaboración! Vémonos á volta!