Esta semana adentrámonos na cultura de Mozambique realizando un proxecto que vai máis aló da nosa aula. Enmarcado dentro do nome "Fitas do Vento", colaboramos con centros situados na zona de Coruña para dar visibilidade á cultura deste país e axudar, na medida do posible, a mellorar a situación educativa das escolinhas mozambiqueñas. O CPR Plurilingüe Cervantes quixo ser parte deste grande proxecto, e a continuación compartirei convosco todo o que fixemos na aula de 6º de educación Infantil.
Comezamos falando sobre algúns datos interesantes...e divertímonos moito observando un mapamundi e buscando a Mozambique..Levounos un cachiño...e permitiunos coñecer a situación de outros países e darnos conta de que Lugo é un anaquiño moi diminuto comparado co resto do mundo...
Tamén falamos sobre as CAPULANAS que son as coloridas telas que empregan para distintas utilidades: vestirse, tapar a cabeza, portar bebés... e a actividade proposta foi elaborar por mesas a nosa propia e colorida capulana empregando tela branca e rotuladores de tela... Comparto o proceso por mesas, xa que finalmente elaboramos 5 preciosas capulanas.
CAPULANA 1: Alma, Adrián Martínez, Yariel, David e Daniela.
E por último...un rinconciño do cole adicado a Mozambique no que podedes ver algunha das actividades realizadas por outros cursos que quedaron moi chulas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.