O 24 de xaneiro acudimos ao auditorio Gustavo Freire para ver a representación de "Burbujas de papel". Esta obra foi a gañadora do Premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na feira do teatro de Castilla-León. Dito espectáculo combina a danza, a música e a interacción multimedia. Nela, Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada que lle axudará a conseguir un obxectivo: devolverlle as gañas de xogar, rir, imaxinar e bailar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.