Hoxe saímos da aula cos nosos compis de infantil e visitamos o museo de San Paio de Narla. Subimos moi contentos no autobús e viaxamos observando a paisaxe (as vacas, os tractores, o monte...)
Cando entramos dentro do castelo contáronnos un conto e ó longo do percorrido vimos unha fada, unha bruxa, ó rei e á raíña que vivían alí.
Cantamos a canción da Galiña Turuleca e buscamos os ovos que escondeu para poder facer as nosas roscas...Antes de voltar ao cole comémolas e estaban riquísimas!!
Finalmente subimos por unha morea de escaleiras para chegar ao alto do castelo onde fixemos un corro e observamos a paisaxe.
Algunhos voltamos dormidiños e chegamos un pouquiño máis tarde do esperado pero...mereceu a pena!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.