miércoles, 15 de diciembre de 2021

A PRIMEIRA SAÍDA DO COLE: VISITAMOS O BELÉN DE BEGONTE

 Hoxe fixemos a primeira excursión. Foi moi emocionante porque moitos nenos nunca foran en autobús e viaxar con todos os nenos é suuuper divertido. Comparto con vós algunhas das imaxes de este día tan movidiño, dándovos a noraboa porque os peques se portaron xenial.

Primeiro...SUBIMOS AO AUTOBÚS! Era moi grande! Estas imaxes son da ida, Á volta cambiamos de compis de viaxe 😁












Cando chegamos, baixamos do bus e entramos nun pequeno museo que teñen onde vimos algunhas figuras que se retiraron do Belén xa que, ao longo dos anos, foi variando a súa composición.







Despois entramos ao propio Belén. A función foi moi chula, xa que as figuriñas se movían e o tempo atmosférico variaba. Puidemos vela dende as gradas e tamén desde a parte de abaixo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.