viernes, 29 de diciembre de 2023

NADAL, POSTAIS E PAPÁ NOEL

 Como non podía ser de outra forma....¡PAPÁ NOEL PASOU POLO COLE!

Despois de estar un ratiño na clase, viñeron a avisarnos de que na biblioteca do cole había algo que igual queriamos ver....sen dudalo un momento...deixamos todo o que estabamos a facer e...despaciño...chamamos á porta..

¡Abriunos un ELFO! Si él andaba por alí...só podía significar que Papá Noel andaba cerca....

Pouco a pouco, con grande emoción...entramos e... ¡ALI ESTABA! Cargadiño de regalos para nós...porque nos portamos super ben este ano.

Esas caras de emoción...era imposible non plasmalas nunhas fotografías...







Ademáis...un dos ELFOS encargouse de decirnos cáles eran as 3 postais gañadoras do concurso... Creo que este ano lles foi moi complicado, porque as nosas postais eran todas xeniales...


E as postais gañadoras foron as feitas por....

ROSE


SARA


VEGA


Noraboa peques!

Ao chegar a clase de novo..antes de ir ao patio...tivemos que abrir os regalos...VAIA EMOCIÓN!








Como era o último día de clase antes das vacacións do nadal, sabíamos que, despois do recreo...tiña que haber comilona...

Entre todos levamos turróns, galletas, mazapán, panettone...

Moito zampamos...e... que rico estaba!

Gracias a todos por participar.










MOITAS GRAZAS A ANPA DO COLE POR CREAR ESAS CARAS DE ILUSIÓN NOS NENOS/AS UN ANO MÁIS.

BO NADAL!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.