domingo, 16 de junio de 2019

SESIÓN DE CINE E CONTACONTOS

Durante este trimestre, entre outras moitas cousas e retos propios do material, puidemos "simular" unha pequena sesión de cine na aula de 3 anos xunto cos nenos de 4 anos. Antes de nada conversamos sobre qué era o cine, o que se facía, o xeito de comportarse nel para non molestar a ninguén... axudounos moito a comprendelo o feito de que algún neno da aula xa fose previamente para que nos contara a súa experiencia. Finalmente chegou a hora de comprobalo e vivilo asi que aquí vos deixo algunha imaxe!



Sen dúbida foi unha experiencia moi chula que nos gustou moito a todos.
Esa semana tamén recibimos na aula, xunto co resto dos compañeiros de infantil a visita dun contacontos que nos amenizou o día...


Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.