jueves, 9 de marzo de 2023

8 DE MARZO- DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos no cole o día da muller. Falamos sobre as diferezas entre homes e mulleres ao longo dos anos e comprobamos que hoxe en día cambiaron moitas cousas pero quedan moitas aínda por mellorar. 

Falamos na aula das mulleres importantes das nosas vidas (saen gañando as mamás, pero tamén houbo espazo para as avoas, as irmás e incluso as mestras💗)

Para rematar pintaron a súa superheroína, recortárona, pegárona nunha cartulina e decoraron finalmente con ceras, rotuladores, pegatinas....






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.