O último día de clase antes das vacacións de Nadal converteuse nunha xornada moi especial. O alumnado chegou ao centro xa vestido coas súas galas de Nadal, enchendo a aula de cor, ilusión e maxia. Ao longo da mañá aprendemos panxoliñas coa axuda do Apalpador, compartindo momentos de música, tradición e ledicia. Para pechar a celebración, recibimos a entrañable visita de Papá Noel, que nos sorprendeu con agasallos e fixo deste día un recordo inesquecible para todos e todas.
viernes, 19 de diciembre de 2025
POSTAIS DE NADAL
Todos os anos realízase no cole un concurso de postais de Nadal. Papá Noel é o encargado de escoller as tres que máis lle gustan e dalles aos nenos un premio por facelo tan ben. Aquí vos deixo un anaquiño do proceso de elaboración.
Os gañadores deste ano foron Moiz, Lojain e Daniel:
miércoles, 17 de diciembre de 2025
ANIVERSARIOS
Para celebrar os aniversarios, enchimos a aula de cor decorándoa con globos preparados con moito agarimo. Compartimos un momento especial comendo todas xuntas e soprando as velas do pastel. Neste trimestre celebramos os aniversarios de Moiz, Haroune, Enzo, Irene, Iago, Anas, Xiana e Vega.
martes, 16 de diciembre de 2025
PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE
Presentámoslles varias provocacións de aprendizaxe baseadas na metodoloxía Reggio Emilia, organizadas en diferentes zonas de experimentación. A proposta, inspirada no inverno e na neve, xurdiu a partir da visita do Apalpador, que encheu a nosa aula de ilusión e curiosidade. A través de materiais coidadosamente seleccionados e dun ambiente preparado para a exploración, os nenos e nenas puideron experimentar libremente, expresar a súa creatividade e construír aprendizaxes de maneira autónoma, significativa e respectuosa cos seus ritmos.
Ademais, ao rematar a actividade, limpamos e recollemos a aula entre todos e todas, fomentando a responsabilidade, o coidado do espazo común e o traballo en equipo.