miércoles, 28 de enero de 2026

AMULETOS POLA PAZ

Con motivo do Día da Paz, aproveitamos o noso proxecto sobre Exipto para reflexionar sobre valores tan importantes como a amizade, o respecto e a convivencia. Nesta ocasión, o gato Paco fíxonos unha proposta moi especial: inspirándonos nos amuletos exipcios, crear os nosos propios amuletos pola paz.

A idea era elaborar amuletos que nos axudasen a afastar a violencia e a promover a calma, o bo trato e a unión. Así foi como creamos pulseiras-amuleto, escollendo cores e formas con significado, cheas de intencións positivas e bos desexos.



Ademais, Roto, a nosa mascota da clase, deixounos unha tarefa moi simbólica: realizar a pomba da paz. Fixémola utilizando pintura de dedos, experimentando coas cores e expresando, a través da arte, o noso compromiso coa paz.


Esta actividade permitiunos entender que, igual que os antigos exipcios confiaban nos seus amuletos, nós tamén podemos crear símbolos que nos lembren cada día a importancia de convivir en paz, coidarnos uns aos outros e resolver os conflitos con diálogo e respecto 🤍🕊️

ASÍ COMEZOU A NOSA AVENTURA POR EXIPTO

Ao comezar o mes de xaneiro decatámonos de algo moi estraño: Paco non viña á clase 🐱. Botabámolo moito de menos, así que decidimos escribirlle unhas cartas para saber como estaba e contarlle canto o agardabamos. Enviámolas con moito cariño, sen saber moi ben onde podería estar.





Pouco despois, chegou a resposta. Paco escribiunos unha carta moi emocionante na que nos contaba que estaba en Exipto e que alí estaba a vivir unha gran aventura. Pediunos que aprenderamos moito sobre este país tan especial para poder acompañalo na viaxe dende a aula. Ademais, contou que non estaba só: estaba cun outro gato… e incluso nos enviou unha foto 📸😺.


Así foi como comezamos a traballar Exipto na clase.

Comezamos esta aventura seguindo as indicacións de Roto, a nosa mascota da clase, e tamén do propio Paco, que nos ía guiando coas súas mensaxes e propostas.

Traballamos as pirámides, os templos e as casas nas que vivían no Antigo Exipto, e recreámolas utilizando barro, experimentando coas formas e os materiais.




Tamén coñecemos como era a súa vestimenta e creamos a nosa propia. Primeiro fixemos bosquexos, logo experimentamos con diferentes teas e finalmente elaboramos as nosas vestimentas. Para rematar, fixemos un desfile e sacamos fotos moi especiais.







Traballamos tamén as esculturas gregas, creando as nosas propias esculturas con arxila e pintándoas con acuarelas.




Achegámonos ao mundo das momias e dos sarcófagos, e creamos as nosas momias con papel de xornal e fío branco, aprendendo como se facían no Antigo Exipto.


Por último, traballamos vocabulario relacionado co Antigo Exipto, incorporando novas palabras mentres seguíamos descubrindo esta fascinante civilización.


Seguiremos con esta experiencia, aprendendo moito máis, investigando, creando e viaxando coa imaxinación da man de Paco e Roto, porque esta aventura por Exipto aínda ten moitas cousas por descubrir 🌍✨

domingo, 18 de enero de 2026

CAIXA DE URXENCIA EMOCIONAL

 Estes días vivimos un momento cheo de maxia e ilusión: o gato Paco enviounos unha carta nada menos que dende Exipto 🐾📜. Nela contábanos que está a descubrir un país fascinante, cheo de misterios, pirámides, desertos e historias antigas… pero tamén nos lembraba algo moi importante: para coñecer Exipto de verdade, temos que facelo xuntos, traballando en equipo e coidando das nosas emocións.

Paco explicábanos que toda gran aventura necesita calma, confianza e tranquilidade, e por iso nos lanzou unha misión moi especial: crear unha caixa de urxencia emocional. Un lugar no que gardar pequenos tesouros que nos axuden a sentirnos seguros, relaxados e acompañados cando o necesitemos.

Manos á obra, puxémonos a crear unhas botellas da calma e unhas bolsas sensoriais. Con elas aprendemos a parar, observar, respirar e conectar cos sentidos. Cada botella, cada bolsa, está chea de cores, texturas e sensacións que nos axudan a recuperar a serenidade e a escoitarnos por dentro.

Esta experiencia ensinounos que coñecer Exipto —e calquera lugar do mundo— non é só aprender datos ou ver imaxes, senón tamén aprender a traballar xuntos, a axudarnos e a coidar das nosas emocións. Tal e como nos lembrou o gato Paco, cando estamos tranquilos e unidos, calquera viaxe convértese nunha aventura inesquecible 💛🐫

Seguiremos atentas ás novas cartas de Paco…











 












viernes, 19 de diciembre de 2025

CELEBRAMOS O NADAL

 O último día de clase antes das vacacións de Nadal converteuse nunha xornada moi especial. O alumnado chegou ao centro xa vestido coas súas galas de Nadal, enchendo a aula de cor, ilusión e maxia. Ao longo da mañá aprendemos panxoliñas coa axuda do Apalpador, compartindo momentos de música, tradición e ledicia. Para pechar a celebración, recibimos a entrañable visita de Papá Noel, que nos sorprendeu con agasallos e fixo deste día un recordo inesquecible para todos e todas.




















POSTAIS DE NADAL

Todos os anos realízase no cole un concurso de postais de Nadal. Papá Noel é o encargado de escoller as tres que máis lle gustan e dalles aos nenos un premio por facelo tan ben. Aquí vos deixo un anaquiño do proceso de elaboración.






 Os gañadores deste ano foron Moiz, Lojain e Daniel:





 







miércoles, 17 de diciembre de 2025

ANIVERSARIOS

Para celebrar os aniversarios, enchimos a aula de cor decorándoa con globos preparados con moito agarimo. Compartimos un momento especial comendo todas xuntas e soprando as velas do pastel. Neste trimestre celebramos os aniversarios de Moiz, Haroune, Enzo, Irene, Iago, Anas, Xiana e Vega.