martes, 22 de junio de 2021

FIN DUNHA ETAPA E COMEZO DE OUTRA

Chegou o fin dunha etapa, que suporá o comezo de outra super emocionante para todos os peques. ¡Xa se fan maiores!
 So me queda despedirme de vos, por moito que me pese. Foron tres anos intensos, con pandemia mundial incluída, nos que compartimos xuntos moitos momentos. Puiden ver como os nenos e nenas crecían e formaban pouco a pouco o seu carácter. Ensináronme moito máis do que nunca me imaxinei. Foi todo un pracer formar parte deses tres anos xunto con todos vós. Grazas por poñermo fácil nos momentos difíciles. Grazas por confiarme a educación dos vosos fillos, por confiar en min, e por estar sempre dispostos a axudar en todo momento. Polas vosas palabras tan bonitas durante estes tres anos que me axudaron a continuar cando as forzas parecían esvaecerse. Tamén vos dou as grazas polos regaliños que con tanto cariño me fixéstedes durante esta etapa. 
Por todo iso e por moitas cousas que de seguro que quedan no tinteiro, ¡MOITÍSIMAS GRAZAS!
Seguiremos véndonos polo cole, seguirei vendo crecer aos nosos peques e seguirei roubándolles abrazos de vez en cando tamén.
¡FELIZ VERÁN!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.