domingo, 16 de junio de 2024

FESTIVAL "WONKA"

 O pasado xoves, 6 de xuño, fixemos o festival do cole no que actuamos co alumnado de terceiro e sexto de primaria facendo o musical "Wonka, Charlie e a fábrica de chocolate" A nosa aula foi de Oompa Loompas e a profe de Willie Wonka. Agardo que disfrutárades e noraboa aos nenos/as, porque o fixeron xenial.


Aproveito para decirvos que pronto estará dispoñible o vídeo do festival e agradecervos a todas as familias que o mercades posto que contribuídes para que o festival se siga realizando e gravando. A ANPA do cole é a que posibilita económicamente que poidamos realizar o festival no auditorio e todos os socios da ANPA e os que mercades o vídeo contribuídes á labor. MOITAS GRAZAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.