viernes, 10 de mayo de 2019

SEGUNDA CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS

Hoxe celebramos os aniversarios de: Roque, Xabi, Izan Díaz, Sabela, Ian, Ismael, Mauro e Saif. Estaba todo moi rico!

Comezamos con patacas e gusanitos....




Seguimos co biscoito de chocolate....




E rematamos...dándolles o regaliño...o libro que contén debuxos de todos os nosos compis de clase!!







MOITÍSIMAS GRAZAS E PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!

lunes, 6 de mayo de 2019

A COUSA VAI DE FABAS...

¿Qué pasa se poñemos nun vaso unhas fabas, algodón e auga? Estamos observando o que pasa na aula e....aquí o podedes ver!









Algunhas non saíron pero compartímolas para que todos os nenos e nenas poidan ter a súa propia!! A ver se seguen medrando!

LUGOMÁXICO NO CERVANTES

Hoxe tivemos a gran sorte de que nos viñera a visitar ao cole un mago!!!Julito Rapado deixounos abraiados cos seus trucos de maxia e estivemos moi atentos a toda a función!


Volve cando queiras a visitarnos!

DÍA DA NAI

O venres pasado levámoslle ás nosas nais os regaliños que, con moito cariño, confeccionamos na aula. Seguro que estades moi contentas co resultado!!





Un saúdo!

lunes, 8 de abril de 2019

TODOS CON NOEL

Como sabedes, no centro estase a recaudar cartos para donar á fundación "Cris contra el cancer" que irá destinada a financiar un estudo para investigar sobre o meduloblastoma infantil. Con este estudo Noel pode ter unha posibilidade de recuperarse.
A recaudación rematará este xoves, 11 de abril. Moitísimas grazas a todos pola vosa aportación! Unha aperta!
ACTUALIZACIÓN: A recaudación total foi de 264.25 euros que xa está ingresada na conta! Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración!

APRENDEMOS COUSAS SOBRE OS ANIMAIS DE GRANXA...

Durante este reto a profe non fixo moitas fotografías pero algunha aínda hai...asi que agardo que vos gusten!
Traballamos sobre a granxa e os animais e aprendemos moitas cousas...comezamos coa lectura do libro da unidade...





Pintamos periódicos con cor verde. Cando secaron recortámolos e pegámolos a modo de herba para que a vaca puidese comela...




Pintamos a vaca....




E....que foi antes? o ovo ou o pito?




Unha aperta a todos!