lunes, 11 de noviembre de 2019

VISITA DO SERVIZO SANITARIO AO CENTRO

O venres pasado visitaronnos no cole dous membros do servizo sanitario e os peques puideron charlar con eles e tamén desfrutar do interior da ambulancia, tanto da súa parte frontal acendendo as luces e a sirena como os compoñentes da parte posterior da mesma.

Aos nenos encantoulles e dende aquí doulles as grazas pola súa visita e por tratar tan ben aos peques. Foi un día xenial!!!!













BENVIDOS AO CURSO 2019/2020

COMPARTO CONVOSCO O CALENDARIO ESCOLAR DO NOVO CURSO ESCOLAR

Como sabedes este ano non desfrutamos do festivo local en San Froilan posto que coincidiu na fin de semana asi que a este calendario hai que engadir os dias non lectivos que lle corresponden ao centro escolar e que se levarán a cabo o 20 de marzo de 2020 e o 30 de abril de 2020.


jueves, 27 de junio de 2019

ÚLTIMO DÍA DE COLE!!!!

O último día de cole estivo cheo de emocións e despedidas. Ó principio da mañá os nenos tornáronse en pequenos artistas e fixeron un mural moi grande que a profe tivo que recortar para poder pegalo na aula.





Tamén merendamos lambetadas cos nosos compis de infantil e xogamos un montón no patio posto que fixo un día estupendo!


Ademais....os nenos e os seus pais fixeron que pasase un momento moi emotivo. Non é preciso recibir regaliños, pero os sentimentos e cariño que ese día sentin non os vou a olvidar nunca... NON CAMBIEDES!




















MIL GRACIAS POR ESTE CURSO TAN XENIAL!!!

FESTA ORGANIZADA POLA ANPA DO COLE

O xoves todo o cole o pasou xenial grazas á festa que foi organizada pola ANPA do centro. Unha empresa especializada amenizou a xornada con xogos populares, carreiras de sacos, pintacaras, globoflexia, karaoke...
Foi un pouco difícil inmortalizar a todos os nenos de tres anos posto que asistiu todo o cole e os peques preferían xogar que deixarse fotografiar! Aquí vos deixo algunhas imaxes que non saíron borrosas!













OBRA TEATRAL DOS ALUMNOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O mércores os nosos compañeiros de educación primaria mostráronnos a obra teatral que eles mesmos escribiron e planificaron. Fixérono realmente ben e conseguiron un decorado e unha vestimenta moi chulos.
NORABOA COMPIS!



MARCELLE

A última semana de cole estivo chea de actividades super divertidas. O luns visitamos Marcelle onde aprendemos unha morea de cousas sobre os animais, puidemos disfrutar dunha obra de teatro con marionetas e incluso xogamos cos nosos compis do cole nos parques infantís que alí hay. Os nenos de tres anos visitaron o parque xunto con dúas monitoras que fixeron que a súa estancia fose inmellorable.







domingo, 16 de junio de 2019

ARDE LUCUS

Hoxe foi o desfile dos coles do Arde Lucus e dende o centro agradecemos moito a vosa participación no acto. ¡¡¡ Éramos un montón!!! Os peques desfilaron xenial aínda que remataron moi cansadiños.
Contamos con vos o ano que ven! Moitísimas grazas de novo!