domingo, 3 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía. Para iso falamos un pouquiño da súa vida e obra e aprendemos unha cantiga/poema que se chama "O Moucho" e que podedes ler no seu libro "Cantares Galegos"




Despois, cada neno fixo o seu propio moucho con rotuladores de cores e rematou de decoralo en acuarela.

















"SUPERAVOA"

 O xoves, 15 de febreiro, veu a visitarnos ao cole David Rodríguez para contarnos o seu conto: "Superavoa". Realmente as avoas teñen superpoderes e neste conto faise alusión a unha morea de habilidades que posúen e que moitas veces non nos paramos a pensar. Para rematar cantamos unha canción acompañados da súa guitarra e disfrutámolo mogollón.









lunes, 12 de febrero de 2024

ENTROIDO

 O Entroido chegou ao cole e foi unha semana moi divertida.

Fixemos as nosas máscaras, que levamos o xoves para a casa....






O xoves pola tarde, pasámolo xenial na festa organizada pola ANPA na que tomamos chocolate e un biscoito riquísimo ademáis de bailar e xogar moito. Os nenos/as viñeron caracterizados ou disfrazados e ......¡¡¡a algún case non o coñécíamos!!

Como sempre...MOITAS GRAZAS Á ANPA POR ORGANIZAR E FACER POSIBLE ESTAS XUNTANZAS.






¡A BAILAR!





AGARDANDO O CHOCOLATE E O BISCOITO...





COMPARSAS DE CARNAVAL DO VENRES: Como choveu non puidemos ir ata á praza...Foi unha pena... pero grazas a todas as familias que vos acercástedes ao cole para vernos. Agardamos que desfrutárades tanto coma todos os nenos e nenas do cole.

Comparto fotografías da nosa clase pero anímovos a ver as do resto dos cursos na páxina web do cole e no facebook, xa que foron unhos disfraces xeniais.
¡NORABOA COMPIS!







¡APERTAS PARA TOD@S!








domingo, 4 de febrero de 2024

A LETRA "C"

   Na aula estivemos traballando a letra "C" . Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "C" FACENDO CLICK AQUÍ 

A PROFE ESTHER

 Durante a primeira quincena deste trimestre, os peques estiveron acompañados da miña compi e super profe Esther coa que realizaron moitas actividades...

Comezaron o reto da Idade Media e fixeron... ¡¡¡UN COMIC SUPER CHULO!!!.


E xogaron a adiviñar a personaxe...


O primeiro día de cole, coñeceron ao Bee-bot...e elaboraron unha pancarta para felicitar á profe Iria... Mil grazas...¡¡¡vaia ilusión que me fixo!!!


Parece ser que foron uns días bastante frios aínda que a neve non chegou a Lugo... ¿OU SI?

E...debeu marchar a luz no cole....pero..- ¡¡a aula iluminouse de mil cores!!!


¡¡¡Grazas por compartir todas esas experiencias cos peques e agardamos que nos veñas a visitar moitas veces!!!



lunes, 29 de enero de 2024

LETRA "T"

    Na aula estivemos traballando a letra "T" . Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES DA LETRA "T" FACENDO CLICK AQUÍ