Como sabedes, no centro estase a recaudar cartos para donar á fundación "Cris contra el cancer" que irá destinada a financiar un estudo para investigar sobre o meduloblastoma infantil. Con este estudo Noel pode ter unha posibilidade de recuperarse.
A recaudación rematará este xoves, 11 de abril. Moitísimas grazas a todos pola vosa aportación! Unha aperta!
ACTUALIZACIÓN: A recaudación total foi de 264.25 euros que xa está ingresada na conta! Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración!
lunes, 8 de abril de 2019
APRENDEMOS COUSAS SOBRE OS ANIMAIS DE GRANXA...
Durante este reto a profe non fixo moitas fotografías pero algunha aínda hai...asi que agardo que vos gusten!
Traballamos sobre a granxa e os animais e aprendemos moitas cousas...comezamos coa lectura do libro da unidade...
Pintamos periódicos con cor verde. Cando secaron recortámolos e pegámolos a modo de herba para que a vaca puidese comela...
Pintamos a vaca....
E....que foi antes? o ovo ou o pito?
Unha aperta a todos!
jueves, 21 de marzo de 2019
DIA DO PAI
Na clase de tres anos os nenos e nenas fixéronlle un regaliño ó seu pai moi especial. Aquí vos deixo unhas fotos de cando o pintaron con rotuladores. Cada neno e nena escolleu o molde que máis lle gustaba e despois decorárono coas cores que quixeron. Seguro que os papás están moi contentos!
martes, 12 de marzo de 2019
A PREHISTORIA
Durante este reto traballamos sobre a prehistoria realizando múltiples actividades. Aqui vos deixo algunhas imaxes sobre o proceso. Agardo que vos gusten.
REALIZAMOS MOITAS MÁIS ACTIVIDADES PERO ESTE É UN PEQUENO RESUMO!
AGARDO QUE VOS GUSTASE!
UN SAÚDO!
PEQUENOS INVESTIGADORES...
REALIZAMOS AS NOSAS PINTURAS RUPESTRES QUE SERVIRON PARA DECORAR A PORTA DA AULA E DARLLE FORMA DE COVA...
ASÍ QUEDOU A NOSA ENTRADA Á AULA....
FIXEMOS A NOSA PROPIA COVA NA CLASE, ENCHÉMOLA DE COLA PARA FORRALA CON PAPEL DE EMBALAR E DECORÁMOLA CON ROTULADORES
NA PREHISTORIA, COMÍAN SÓ AQUELO QUE CAZABAN E PESCABAN XA QUE NON HABÍA SUPERMERCADOS...ASI QUE DECORAMOS OS NOSOS PEIXES DE CORES CON TIZAS DE CORES MOLLADAS EN AUGA CON AZUCRE...
E COÑECEMOS UN ANIMAL NOVO...O MAMUT!!!
AGARDO QUE VOS GUSTASE!
UN SAÚDO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)