viernes, 28 de octubre de 2022
CASTAÑAS
FAI CLICK AO TEU BOCATA
"Fai click ao teu bocata" é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
Para fomentar estas actitudes, fixemos un taller no que pintamos o noso bocata e eleximos tres ingredientes para poñerlle. Ademáis agasalláronnos cun bocata moi equilibrado e cun estoxo para gardar comida.
jueves, 13 de octubre de 2022
ESCRIBIMOS O NOSO NOME
O ano pasado comezamos a recoñecer o noso nome e a escribilo, algo que seguimos traballando este ano. Entre todos, recoñecemos as letras dos nomes dos nenos e nenas da aula e, cando xa nos cansamos de escribir o noso, cambiamos as tarxetas e escribimos os dos nosos compis da clase.
martes, 4 de octubre de 2022
MESA DE LUZ
Este ano recibimos na aula un regaliño super chulo. A ANPA do cole dotou ás clases de infantil cunha mesa de luz para cada curso e accesorios para que os peques investiguen, xoguen e aprendan divertíndose. Podemos tornar a mesa en distintas cores, tamén ten unha opción para variar a cor cando se oe un son ou poñerlle luz branca e comprobar como se producen as mezclas de cores.
MOITÍSIMAS GRAZAS Á DIRECTIVA DA ANPA E A TODAS AS FAMILIAS POR FACELO POSIBLE
A verdade é que todos os días queren xogar con ela... Aquí vos deixo algunhas imaxes.
XOGAMOS COA PLASTILINA
Coa plastilina potenciamos moito a motricidade fina que lles permitirá aos peques ter un maior control para a hora da realización dos trazos e letras. É unha forma xenial de aprender xogando.













