domingo, 29 de septiembre de 2024

O PRIMEIRO DÍA DE COLE

 Arrincamos novo curso escolar cheo de novas emocións e rutinas. Comparto con vos as imaxes deste primeiro día de cole e agardo que vos gusten.

































viernes, 13 de septiembre de 2024

CALENDARIO ESCOLAR 2024/2025

DIAS NON LECTIVOS ESCOLLIDOS POLO CENTRO:
    - 4 DE NOVEMBRO DE 2024
    - 2 DE MAIO DE 2025
 

martes, 18 de junio de 2024

ARDE LVCVS

 O pasado domingo foi o desfile de Arde Lvcvs do cole. Profes, alumnado e familias xuntámonos para vestir das mesmas cores e pasar un ratiño agradable ao son dos tambores. 

Grazas (unha vez máis) a ANPA por xestionar as telas para confeccionar os nosos traxes de romanos e a todos os que participades en todas as actividades que, con moita ilusión, se levan a cabo no cole.

Ata o próximo ano!



lunes, 17 de junio de 2024

LETRA "Ñ"

        Na aula estivemos traballando a letra "Ñ". Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES FACENDO CLICK AQUÍ


LETRA "B"

        Na aula estivemos traballando a letra "B". Comparto con vós un post anterior no que tedes fichas para traballar a escritura desta letra e tamén cartillas de lectura alternativas.

Recordade ler na casa un pouquiño cos nenos/as😀😀😀 

ACCEDE ÁS ACTIVIDADES FACENDO CLICK AQUÍ


domingo, 16 de junio de 2024

ANIVERSARIOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

O venres 14 de xuño celebramos na aula os cumples do terceiro trimestre nos que comemos moitas cousas moi ricas. Os nenos cantáronlles o cumpleanos feliz e os cumpleañeros regaláronlles a cada neno e á profe un boli super chulo. (Xa non tedes excusa para non escribir moito durante o verán....😉.

Os cumpleañeros e cumpleañeras foron: LUCÍA, ROSE, MARIO, ALMA, VEGA CLAUDIA, ADRIANA E CLOE.






A vela poñía un 5...pero cumpriron 6 aniños... Algún papá e mamá non quere que medren tan rápido...😂😂


Moitas felicidades a todos e todas, ogallá que sempre o celebredes xuntos.










EXCURSIÓN CORAX FAUNA

 O pasado luns fomos de excursión a Corax Fauna en Paderne. Ao chegar fixéronnos unha visita guiada de 2horas aproximadamente na que nos ensinaron os animais e nos contaron moitas curiosidades sobre eles. 





















Como podedes observar...vimos monos, leóns, tigres, hienas, tartarugas... Algún animal puidemos tocalo...pero a outros...mellor non acercarse moito....





Despois de comer fixeron un obradoiro no cal lles ensinaron e puideron tocar distintos ovos, pelo de animais, garras, plumas.... E para rematar xogamos a adiviñar o animal a partir de unhas pistas dadas polos monitores... 






Pasámolo moi ben!