viernes, 27 de marzo de 2020

¡¡PEQUENOS GRANDES TRABALLADORES!!!

Hoxe é venres asi que vou a facer unha pequena síntese das cousiñas que me ides enviando. Moitísimas grazas!

ARCOS DA VELLA: ¡¡¡VAIA ARTISTAS!!!

ADRIÁN MARTÍNEZ



DAVID

IZAN DÍAZ 

IZAN NOVO 

XABI

MARTÍN C.

MATEO

SABELA

MAURO

MARIÑA

DARÍO



SABELA E A SÚA MAMA PUXERON CALCETÍNS DESPARELLOS POLO DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN! VAIA CALCETÍNS MÁIS CHULOS!!


ADRIÁN, XABI, MATEO E MARTÍN CASTIÑEIRA DECORARON TAMÉN AO CORONAVIRUS PARA QUE ESCAPEDES DEL SI O VEDES!!!






IZAN NOVO, IZAN DÍAZ, XABI, SABELA, ROQUE E O SEU IRMÁN SAMUEL, FIXERON UN TRABALLO PARA CONMEMORAR O DIA DA AUGA






SABELA



Qué chulada! Ademáis moitos de vos enviádesme os vosos traballos sobre letras, números, sumas...Estou moi orgullosa! A próxima semana colgareivos algunha ficha visto que esta cuarentena se está alongando máis do esperado.

¡¡¡XABI acordase moooooito de todos!!! Estupendo traballo!! xa sabe todiñas as letras e non hay número que se lle resista!!

IZAN D. ten unha letra moi bonita tamén e cando quere e se concentra fai todo á perfección! Agardo con impaciencia ver máis traballiños teus Izan!!

ADRIÁN M. vai a ser un estupendo matemático. A parte da asociación número-cantidade fai unhas sumas suuuper difíciles! Estupendo traballo Adri! Espero ansiosa ver máis!

DAVID sempre me sorprende coa súa creatividade. É todo un artista e combina as cores xenial. Ademais de ter unha letra moi chula coñece as consonantes e vogais sen problema!! Estupendo debuxo David! Encantoume!

IZAN N. ten a grande sorte de poder saír un pouquiño a tomar o sol e facer obras de arte con obxectos da natureza. Hai que ter moita paciencia para deixar as piñas perfectamente pintadas pero iso é algo co que Izan non ten ningún problema. Noraboa!


VALERIA traballa un montón na casa. Ten os números máis que controlados e fai unhas manualidades super chulas. Ademáis un paxariño contoume que se está a portar xenial ainda que seguro que todos o estades a facer! Noraboa polo traballo feito Valeria! Quero ver máis!

SABELA non parou nin un momento! Manualidades, axuda na casa, os números, xogos de construcción, recortado con tesoiras...Non sei cómo podes facer tantas cousas!!! Noraboa Sabela, estás traballando un montón e espero seguir recibindo cousiñas túas!



E...o que se promete non se pode incumplir...eu tamén pintei o meu arco da vella e téñoo decorando a ventá! Dante axudoume a quitarlle a foto! Salinme un pouquiño por fóra aínda que non se vexa..pero non pasa nada! ¿A que non?


Estamos en contacto! Sempre cun soriso!

Apertas familias!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.