Hoxe comparto con vos unha proposta de actividades que deseñou a profe Andrea con moita ilusión para os peques.
Pídovos que a levedes a cabo e me enviedes fotos para que Andrea poda documentar a actividade na súa memoria de prácticas. Para iso, as fotos que eu lle pase serán só das produccións dos nenos. Tamén podedes enviarme fotos nas que salgan os nenos que colgarei no blogue.
LIÑA TEMÁTICA:
O ROSTRO
ACTIVIDADE 1: Debuxo do seu propio rostro. Mirándose no espello ou
mirando unha foto de eles mesmos o aluando debe debuxar o seu propio rostro.
Para elo, pode empregar todas aquelas ferramentas das que dispoña e mesmo pode
crealas como é o caso de distintos tingues que se poden obter a través de
materiais naturais.
- a. Con peles de cebola, obtense a cor laranxa. Para elo, cócense as peles de cebola cunha pouca auga. Video tutorial: https://www.youtube.com/watch?v=R3Yo6dA_WyI
- b. Con arándanos, azul escuro. Neste caso, os arándanos
machácanse para a continuación fervelos cunha pouca auga durante uns minutos.
- c. Con espinacas, verde. Nun morteiro, agréganse as
espinacas e un pouco de alcol ata conseguir o pigmento verde.
- d. Con moras, morado. Neste caso, as moras machácanse para a
continuación fervelas cunha pouca auga durante uns minutos.
ACTIVIDADE 2: Debuxar a alguén da familia e que estes teñan que adiviñar quen é.
ACTIVIDADE 3: Recortas varias partes dun rostro real ( de periódicos ou
de revistas) e formar diferentes rostros mesturando as distintas partes. Tamén
poden debuxar eles as partes do rostro no caso de que non dispoñan de ningunha
revista.
ACTIVIDADE 4: Moldeado de rostro. Contando con que as familias dispoñan
de plastilina, os nenos e nenas poderían moldear diferentes rostros con
plastilina. No caso de que as familias non dispoñan dela, a mestra de 4 anos
puxo a súa disposición un vídeo explicando como se pode crear plastilina na
casa.
Unha aperta familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.