viernes, 24 de septiembre de 2021
PEQUENOS PINTORES
Esta semana xa empezamos a empregar o material de aula e coñecemos a Rita, a mascota da nosa clase. Aprendemos moitas cancións e imos asimilando as rutinas da aula. Deixovos unhas imaxes que agardo que vos gusten.
lunes, 20 de septiembre de 2021
PERIODO DE ADAPTACIÓN
A primeira semana no "cole de maiores" foi moi boa. Os peques adaptáronse xenial e pouco a pouco todos nos imos coñecendo. Comparto unhas fotografías destes primeiros días, nos que os nenos e nenas están coñecendo os materiais e a forma correcta de empregalos asi como os xoguetes que temos por toda a aula. Agardo que vos gusten!
lunes, 13 de septiembre de 2021
martes, 22 de junio de 2021
FIN DUNHA ETAPA E COMEZO DE OUTRA
So me queda despedirme de vos, por moito que me pese. Foron tres anos intensos, con pandemia mundial incluída, nos que compartimos xuntos moitos momentos. Puiden ver como os nenos e nenas crecían e formaban pouco a pouco o seu carácter. Ensináronme moito máis do que nunca me imaxinei. Foi todo un pracer formar parte deses tres anos xunto con todos vós. Grazas por poñermo fácil nos momentos difíciles. Grazas por confiarme a educación dos vosos fillos, por confiar en min, e por estar sempre dispostos a axudar en todo momento. Polas vosas palabras tan bonitas durante estes tres anos que me axudaron a continuar cando as forzas parecían esvaecerse. Tamén vos dou as grazas polos regaliños que con tanto cariño me fixéstedes durante esta etapa.
Por todo iso e por moitas cousas que de seguro que quedan no tinteiro, ¡MOITÍSIMAS GRAZAS!
Seguiremos véndonos polo cole, seguirei vendo crecer aos nosos peques e seguirei roubándolles abrazos de vez en cando tamén.
FESTA DE FIN DE CURSO
Este ano non puidemos facer a despedida conxunta cos outros nenos e nenas de infantil, pero grazas a ANPA do cole, fixemos a nosa festa de xeito individual nas aulas xa que nos proporcionaron lambonadas individuais que os nenos e nenos desfrutaron e devoraron. Ás veces, as imaxes valen máis que mil palabras asi que...¡Mirade que festín!
jueves, 17 de junio de 2021
CONOCEMOS LA LETRA CH























